Benvidos a
Queremos mellorar a sociedade dende o mundo do ocio e o tempo libre.
Experiencias inesquecibles de aventura e diversión para todas as idades
Cursos profesionais para liderar o tempo libre e a animación sociocultural
Escuela de Tiempo Libre BULIDEIRA
Mantente ao día coas últimas novidades do mundo do lecer e tempo libre
Sobre Nós
Desde 2012, somos unha referencia no ámbito do lecer e tempo libre en Galicia. Con sede en Lugo, pero ámbito de actuación toda a comunidade Galega, a nosa Escola combina paixón, profesionalidade, sensibilidade á hora de traballar e experiencia para formar ás futuras xeracións de profesionais do tempo libre e organizar actividades que conteñan educación, ocio e diversión.
A Nosa Filosofía e Valores
Cremos que o tempo de lecer é unha oportunidade para crecer como personas, aprender do mundo e de nós mesmos e para gozar con outras persoas. Por iso, o noso compromiso é ofertar formación de alta calidade e actividades educativas que promovan o desenvolvemento integral da persoa nunha contorna segura, alegre, enriquecedora e dinámica.
Formación e Actividades
Transformamos o tempo libre en oportunidades de aprendizaxe e diversión


Actividades e servizos
As principais actividades que levamos a cabo son:
Actividades lúdico-educativas
Campamentos de Verán, Campamentos Urbáns, Campos de Voluntariado, acampadas e actividades medioambientais.
Proxectos e actividades de intervención con persoas maiores
Actividades de Tempo Libre: xogos de cidades, kermesse, aniversarios, comuñóns, etc.
Visitas organizadas a lugares de interés
Aulas de natureza
Ludotecas
Actividades Medio-Ambientais
Proxectos de intervención sociocultural
Escolas de Nais e Pais
Formación Oficial
Impartimos formación homologada pola Xunta de Galicia en ocio e tempo libre, concretamente: os cursos de Monitor/a de actividades de ocio e tempo libre, Director/a de actividades de ocio e tempo libre e Director/a de campos de voluntariado