Campamento Urbán: Xermade Concilia 2019

Do 29 de Xullo ao 16 de Agosto de 2019, Xermade acolleu 50 nenos e nenas de 3 a 16 anos nun campamento pensado para fomentar a conciliación familiar a través de actividades de lecer educativo

CAMPAMENTOS DESTACADOS

8/31/20191 min read

assorted color round plastic container
assorted color round plastic container

Detalles do Campamento

Lugar: Xermade (Lugo).

Datas: Do 29 de Xullo ao 26 de Agosto

Participantes: 50 nenos e nenas de 3 a 16 anos

Horario: de Luns a Venres, de 8:30 a 14:00

Actividades Destacadas:

  • Obradoiros creativos: manualidades, reciclaxe e pintura.

  • Xogos cooperativos para fomentar o traballo en equipo.

  • Actividades deportivas e xogos populares

  • Excursións locais e xogos de orintación no entorno natural.

Introdución

O Concello de Xermade, en colaboración con Bulideira ETL, organizou este campamento urbano co obxectivo de ofrecer unha alternativa enriquecedora para nenos e nenas durante o verán. A programación estivo enfocada en actividades que combinaban diversión, aprendizaxe e respecto polo entorno natural e cultural

a person holding a cup with a toothpick in it
a person holding a cup with a toothpick in it
man in black jacket and blue shorts holding green plastic bucket
man in black jacket and blue shorts holding green plastic bucket
assorted-color paints
assorted-color paints

Resumo da Experiencia

Durante case tres semanas, os participantes gozaron dun programa equilibrado que permitiu ás familias conciliar a súa vida laboral e persoal mentres os pequenos desenvolvían habilidades sociais, creativas e deportivas. O campamento foi un éxito grazas ao entusiasmo dos nenos/as e á implicación dos monitores/as.