Director/a de campos de voluntariado

Queres liderar proxectos de voluntariado e coordinar equipos en campos de traballo? O noso curso de Director/a de Campos de Voluntariado ofréceche a formación necesaria para planificar, xestionar e dinamizar actividades nun contexto de educación e compromiso social.

FORMACIÓNS

12/20/20241 min read

Unha formación específica para a dirección de proxectos de voluntariado

O curso consta de 50 horas teórico-prácticas, complementadas con 150 horas de prácticas en campos de traballo reais. A formación proporciona os coñecementos clave para organizar e dirixir proxectos de voluntariado en distintos ámbitos, garantindo unha xestión eficiente e segura.

Onde se imparte?

Os cursos realízanse principalmente nos municipios da provincia de Lugo, aínda que tamén ofrecemos formación noutras áreas da comunidade galega, adaptándonos ás necesidades do alumnado e das entidades organizadoras.

Requisitos de acceso

Para inscribirte no curso é necesario:

  • Ter o título de Director/a de Actividades de Tempo Libre.

  • Acreditar experiencia como director/a dun equipo de animación en, polo menos, un campamento de 15 días.

  • Ter motivación para mellorar, colaborar e aprender!

A quen vai dirixido?

Este curso está pensado para profesionais do tempo libre e da educación non formal, como directores/as de actividades de tempo libre, orientadores/as educativos/as, animadores/as socioculturais, educadores/as sociais, técnicos/as deportivos/as, pedagogos/as, psicólogos/as, monitores/as de ludotecas, membros de asociacións e calquera persoa interesada na organización de campos de voluntariado.

Contidos do curso

🔹 Xestión e planificación de campos de voluntariado: Organización, funcionamento diario e marco normativo.

🔹 Administracións e entidades organizadoras: Acordos de cooperación, infraestruturas e selección de proxectos.

🔹 Tipos de campos de traballo: Arqueoloxía, patrimonio, protección da natureza, acción comunitaria, agricultura e moito máis.

🔹 Coordinación de equipos: Funcións do director/a, monitores/as e técnicos/as.

🔹 Seguridade e normativa: Seguro de accidentes e responsabilidade civil, convivencia e xestión de incidencias.

Unha formación con impacto social

O curso de Director/a de Campos de Voluntariado abre as portas a unha carreira no ámbito da educación non formal e da cooperación social. Se queres liderar proxectos de voluntariado e marcar a diferenza en iniciativas comunitarias, esta formación é para ti!

📩 Contacta connosco para máis información e inscricións.