Feira do Emprendemento Infantil – 24 de maio de 2025, Lugo

A Feira do Emprendemento Infantil chega a Lugo para que as crianzas de 8 a 12 anos descubran o mundo do emprendemento dunha forma divertida e educativa. Organizado por ETL Bulideira e Barafunda Animación, este evento permite que as nenas e nenos creen e xestionen a súa propia mini-empresa, vendendo produtos e servizos ao público.

EVENTOS

3/18/20252 min read

🧐 Por que unha feira de emprendemento infantil?

O emprendemento infantil non adoita ser abordado nas iniciativas educativas en Galicia, polo que esta feira busca cubrir ese baleiro. Nas idades máis temperás, as crianzas teñen un gran potencial para aprender a transformar as súas ideas en proxectos reais. Con esta iniciativa, as/os participantes aprenderán a xestionar unha mini-empresa, a calcular custos e beneficios e a desenvolver habilidades clave como a oratoria, o traballo en equipo e a toma de decisións. 💡

🏪 Como funciona?

1️⃣ Inscricións:

  • As crianzas poden participar individualmente ou en grupos de ata 3 persoas.

  • Para inscribirse, é necesario enviar un correo a etlbulideira.proxectos@gmail.com co nome e DNI do pai/nai/titor legal, o nome das/os participantes, as súas idades e un teléfono de contacto.

2️⃣ Acompañamento:

  • Cada proxecto deberá contar cun adulto responsable que acompañe aos nenos/as no proceso.

  • Haberá dúas sesións en liña un mes antes da feira para explicar a iniciativa e aclarar dúbidas.

3️⃣ O día da feira:


📍 24 de maio de 2025 – Centro de Lugo


🕗 Mañá: As crianzas prepararán os seus postos coa axuda dun adulto. Durante este tempo a feira permanecerá pechada ao público.
🕓 Tarde (16:00 - 20:30): A feira abrirase ao público e os/as mini-emprendedores/as venderán os seus produtos ou servizos a prezos de 0,50 €, 1 € ou 2 €.

4️⃣ Avaliación final:

  • Ao rematar a feira, cada equipo analizará os seus resultados para ver se a súa mini-empresa obtivo beneficios, aprendendo así sobre a xestión de recursos e a viabilidade dun proxecto. 📊

🎯 Obxectivos da iniciativa

Fomentar o espírito emprendedor entre as nenas e nenos.
✅ Desenvolver habilidades como a creatividade, a oratoria e a autonomía.
✅ Aprender conceptos básicos de economía e xestión de recursos.
✅ Potenciar valores como a responsabilidade, o esforzo e o traballo en equipo.

🎨 Que produtos ou servizos poden ofrecer?

As crianzas poden vender produtos e servizos sinxelos e feitos por elas mesmas, como:

🎁 Tarxetas de felicitación personalizadas
📿 Pulseiras da amizade
📌 Chapas e marcapáxinas orixinais
📦 Caixas sorpresa
🖼 Pequenos debuxos e ilustracións
🎲 Xogos de mesa caseiros ou xoguetes feitos con material reciclado

A creatividade será a clave para destacar na feira! ✨

📩 Inscricións e contacto

📢 As prazas son limitadas! Se tes fillas ou fillos de entre 8 e 12 anos e queres que participen nesta experiencia única, inscríbeos xa enviando un correo a etlbulideira.proxectos@gmail.com. Recibirás o formulario de inscrición e toda a información necesaria para participar.

💬 Dúbidas? Escríbenos e resolveremos todas as túas preguntas.

👉 Anímate a descubrir o talento emprendedor das crianzas! 🚀💡